
Os días 7, 8, 9 e 10 de Xullo vaise celebra-la vixésima primeira edición do festival celta de Ortigueira, a capital musical do mundo celta. É un dos macrofestivais máis multitudinarios de toda España, tanto que chegou a convertirse en festa de interese turístico internacional, concedido este título pola Consellería de Industria, Turismo e Comercio, pasando a formar parte dos eventos que promocionan Galicia no exterior.
Este festival recolle a numerosos artistas da música tradicional e folklórica que farán que pases un bó rato.
Nos países celtas sobrancean unha serie de instrumentos que, malia a súa enorme difusión xeográfica e cultural, van ser emblemáticos das músicas tradicionais galegas. A arpa ou a gaita, hoxe en día, identifícanse co mundo celta.
A gaita, que na antigüidade gozou de gran difusión e popularidade en toda Europa, foi vagarosamente relegada ás zonas rurais e sobreviviu en diversos territorios atlánticos como Irlanda, Escocia, a Bretaña francesa ou Galicia.
Este instrumento enraizou na cultura popular como símbolo da personalidade das devanditas áreas, como un elemento de valor e identidade.
Na actualidade, asistimos a unha recuperación das músicas dos nosos devanceiros e de moitos destes instrumentos tradicionais, xunto con outros alleos á nosa área culturai, pero que se fixeron cun lugar propio na nosa música.
Para poder asistir a tódolos concertos, Ortigueira ofrece un espazo campista, para que tamén poidas disfrutar da nosa terra galega facendo algunha excursión por ahí. Pincha
AQUÍ para obter tódala información sobre as zonas de acampada, que se atopan a vinte minutos da zona dos concertos, onde poderás achegarte por medios de transporte.
Este festival está patrocinado entre outros, por Estrella Galicia, que se adica a colaborar en eventos deste tipo coa finalidade de promocionar Galicia no exterior, e sobre todo a cultura galega, por iso está presente anualmente en Ortigueira organizando os concertos.